Manter as ferramentas a punto
Esta entrada recolle unha idea que Stephen R. Covey propón na súa obra "7 hábitos da xente altamente efectiva". Concretamente o 7º Hábito "Afiar a serra". O caso e que este autor fala a importancia de coidar, de manter a punto, diversos aspectos da persoa sen os que calquera outro esforzo amosaría eivas importantes. Sinala que é fundamental coidar e "alimentar" axeitadamente as dimensións física, mental, social/emocional e espiritual. A atención a cada un destes aspectos, que está na nosa man, ten que ser unha prioridade. Se esto é importante para toda a xente, para todas as persoas, é ainda máis importante para as educadoras e os educadores sociais. Educadoras e educadores témonos a nos mesmos como a ferramenta, a tecnoloxía, fundamental. Nos mesmxs en relación con outrxs nun contexto concreto. Moitas veces sen mediación doutros elementros. En ocasións en situacións vitáis moi complexas, moi complicadas. É por esta razón que temos a necesidad...