Publicacións

Estoume quitando!

Imaxe
Nestes días as compañeiras de Fiadeiras, grupo de traballo en igualdade, están de celebración. Dez anos aportando a perspectiva feminista á profesión. ( http://www.ceesg.gal/gl/nova/dez-anos-caminando-por-unha-educacion-social-feminista ) Hoxe puiden escoitar a entrevista que, con este motivo, lles fixeron na Radio Galega ( https://www.crtvg.es/.../a-tarde-a-tarde-do-dia-21-09... a partir do 6'08") e entre as moitas aportacións que fixeron resooume especialmente a idea de que o de medrar en igualdade é un proceso. Darse conta e librarse dos esquemas que fomos incorporando ao longo da nosa vida non é nada fácil. É preciso poñer os lentes violetas e prestar moita atención. Outro aspecto moi importante é propor e incorporar ideas e comportamentos que contribuan a unha sociedade mellor para todas e para todos. Pois trátase precisamente de promover unha convivencia máis xusta onde poder medrar. Esto é o que fan as nosas Fiadeiras e outras persoas e colectivos feministas. E a p...

Mandatos de xuventude

Imaxe
  Vou empregar esta tira do grande Quino porque,  como di Mafalda, vou dicir adulteces. Nos discursos habituáis de prevención non poden faltar referencias á "PRESIÓN DE GRUPO". Un xeito co que os adultos explicamos un dos factores que poden xustificar que as nosas conductas tendan a uniformarse respecto aos nosos iguáis Unha idea importante é que este factor tamén pode aplicarse aos adultos a pesar de que pensemos, como tamén fan rapazas e rapaces, que somos maduros dabondo para decidir soiñas/os. E, por outra banda, a súa influencia non sempre é negativa: se a xente do noso entorno ten interés e compromiso co coidado da saúde, do medioambiente, son xente prosocial, ... Esa influencia podería resultar ben positiva. Sería necesario facer un traballo de clarificación dos propios valores, ver que queremos de cada situación e avaliar se o que facemos nos acerca ou fai máis difícil achegarnos aos noso obxectivos e (ver cales son os nosos SIES), por outro lado entrenarnos para ser ...

Pasar Páxina

Imaxe
    Despóis dun periodo escuro, especialmente duro, despóis de "Tocar Fondo", ... Con frecuencia escoito ás persoas manifesten o seu desexo de "Comezar de Cero".    Ainda que entendo este desexo e, moitas veces, a persoa que a pronuncia non quere dicir o que a frase di literalmente, eu sempre aproveito para manifestar a miña opinión contraria a esta idea.    Eu penso que ainda que fora posible "Comezar de Cero" sería un erro esquecer todo aquelo que nos achegou á situación na que decidimos facer por dar un "golpe de timón" (que soe ser unha mestura de esperiencias boas e malas, ainda que pensen máis as malas)    Un dos argumentos nos que soteño a miña opinión é a idea de que "quen esquece a súa historia está condenado a repetila". É certo que non podemos cambiar o que pasou e que darlle voltas ao que aconteceu lonxe de axudar moitas veces é parte do problema. De feito, moitas veces, parte dunha terapia vai consistir en facer unha lectur...

Adicción a xogos con apostas

Imaxe
Este texto foi elaborado para unha páxina web con contidos dirixidos a mais e a pais de cobertura estatal onde, ao final, non se chegou a publicar. Queda no blog ao voso dispor Adicción a juegos con apuestas Desde la antigüedad sabemos que han exitido los juegos con apuestas, y también desde antiguo se conoce su capacidad para causar problemas Actualmente los problemas relacionados con el juego con apuestas están tomando unas dimensiones cada vez más importantes. Y es especialmente preocupante cuando estos problemas afectan de manera importante a personas cada vez más jóvenes http://www.pnsd.mscbs.gob.es/ profesionales/ sistemasInformacion/ sistemaInformacion/pdf/EDADES_ 2017-2018_Resumen_(ampliado). pdf Además de las loterías clásicas, hace ya muchos años que se legalizan otras formas de juego con apuestas: máquinas con premio en bares, bingos, casinos, ... En estos últimos años hemos visto proliferar salones de apuestas en nuestras ciudades, en nuestros barrios. Como ocurría hace año...

Leccións do mestre de xadrez

Imaxe
  Prafraseando a Jesulín… “A vida é… Como unha partida de xadrez” Eu recordo  ler  a Bettelheim(1987) comparar a vida cunha partida de xadrez... Máis, ben pensado,  sería mellor comparala cunha partida de cartas. Non  empezamos  coas mesmas cartas! A pouco que nos paremos a pensar, na clase de hoxe o mestre de xadrez (hoxe iniciamos un taller de xadrez), ademáis de ideas elementáis sobre o xogo,  danos algunhas ideas que poden ser interesantes leccións  para a vida: Diferencia entre táctica e estratexia: táctica plantexamento xeral e estratexia planteando en cada xogada (ou era do revés?). Tócanos ser, á vez,  actrices/actores, directoras/es e guionistas das nosas vidas É moi importante que as xogadas-decisións que tomamos non nos limiten. Decisións que busquen ampliar as nosas opcións e non limitalas En cada xogada/decisión convén pararse a analizar as posibles opcións para ver cal é a mellor opción Os outros tamén xogan e temos que procurar...

"O oficio de monitor"

Imaxe
 Volvo outra vez á obra de Franch e Martinell (1994) pois, salvando as distancias entre contextos de ocio  e, no meu caso, "contextos terapeuticos", paréceme que aporta moitos elementos para a reflexión sobre o que facemos, sobre o que podemos aportar Educadoras e Educadores sociais Xa comezando por o título, paréceme interesante a idea de oficio. Ben sei que a Educación Social é unha profesión, ainda que algúns/has están tardando en decatarse. Máis esta idea de oficio achéganos a necesidade dunha aprendizaxe  práctica, de aprender facendo. Dunha práctica reflexiva que partindo das aportacións da Pedagoxía e doutras ciencias e saberes,  tense que concretar en cada contexto,  tense que actualizar a cada momento para, cada usuaria/a, cada grupo, cada contexto Tamén podemos pensar arredor da denominación "monitores". É unha denominación común no cpontexrto de tempo libre, paro tamén  este termo e outros empreganse para xustificar o intrusismo e precarización d...

Apontamentos para un Día Mundial da Saúde en tempos da pandemia por COVID19

Imaxe
  Día Mundial da Saúde 2021 Construir un mundo máis xusto e saúdable https://www.who.int/es/campaigns/world-health-day/2021 O 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde. Unha oportunidade máis para pensar sobre cómo están a funcionar as cousas e pensar en cómo podemos mellorar Como se sinala na campaña de este ano, crises coma a que está a provocar a COVID19 están a poñer de manifesto as cada vez máis importantes desigualdades que van ter coma resultado importantes efectos tamén sobre a saúde Malas condicións que agravan os xa non poucos problemas que pode provocar esta enfermIdade: soidade, dependencia, malas condicións de vida, falta acceso a internet, ... Como se sinala na campaña da OMS, Isto non só é inxusto. Tamén é evitable! É moi necesario apostar por unha sanidade pública, universal e de calidade (e, máis aló das frases bonitas, vese pouca intención por parte dos nosos representantes políticos ao  respecto). Tamén resulta fundamental unha aposta pola educación, non s...