Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2020

Aprender a dicir ... SÍ

Imaxe
  Un clásico tanto na prevención como cando atendemos a persoas que teñen problemas relacionados co consumo de drogas é a importancia de saber dicir que non. Dentro do eido relacionado coas drogas o lema DI NON AS DROGAS foi popularizado, xunto con moitos outros actores, por unha fundación, a FAD, cun gran impacto nos medios de comunicación Saber dicir non é un dos tópicos, unha das habilidades, relacionados coa ASERTIVIDADE. Mais é difícil orientar ou reconstruir a túa vida desde o negativo, por exemplo non consumir. Un traballo previo é  aclarar os meus valores, as miñas prioridades, os meus proxectos e facer balance de cómo o consumo de drogas ou certas conductas poden ameazar esa vida que quero vivir. Esa vida, eses elementos, aos que quero dicir SÍ Os meus SIES van dar sentido aos meus esforzos e o consumo de certas sustancias ou a realización de certas condutas van resultar un atranco importante no meu camiño Para algunhas persoas  resulta moi complicado facer este ...

Mira ti por onde imos poñer en valor... O comunitario e os coidados

Imaxe
 Non é novo... pero a situación que estamos a vivir como consecuencia do COVID19 fixo que se puxeran de evidencia moitas eivas o noso "xeito de vivir". Non son optimista, ben sei que é unha incoherencia pedagóxica pola miña parte, e non comparto que o que temos vivido vai supoñer unha mellora na nosa forma de vivir, nas nosas prioridades, ... As apredizaxes positivas, as melloras, case sempre precisan dunha actitude positiva, dunha elaboración e de moitos esforzos que, normalmente, non estamos en situación ou non estamos dispostos a realizar. Pero é certo que sobre todo durante o periodo no que vivimos confinados vimos como bloques de pisos, barrios, ... organizaban certas redes de apoio mutuo buscando quen precisaba axuda e proporcionandoa na medida das súas posibilidades. Tamén vimos iniciativas moi creativas que axudaban a pasar o tempo mais entretidas, a facer máis levadeiras as situacións No negativo, vivimos con moita dor como moitas persoas maiores eran víctimas dun mo...

Mira ti por onde imos poñer en valor... A Educación Social no eido da saúde

Imaxe
 Mira ti por onde imos poñer en valor... Así comezaba varias das súas entradas no Facebook durante o confinamento Sofía do Son, unha das referencias máis importantes da Educación Social no pais. Eu vou intentar amosar algunhas das aportacións que a Educación Social pode facer e está a facer no eido da saúde e que unha situación como a presenza entre nós do Covid19 pode poner de manifesto, pode ¨poñer en valor" Pese a ser un exemplo claro do  paradigma biomédico, a ameaza de infección por parte dun axente infeccioso, un virus, a presenza do Covid 19 pon nun primeiro plano a importancia de adoptar unha serie de medidas que, buscando facer menor a posible exposición ao virus, poñen o acento en conductas que cada un/ha de nòs podemos e debemos realizar: lavar as más con frecuencia, especialmente si tivemos contacto con obectos ou persoas alleas ao noso ambito de convivencia, usar máscaras para evitar  proxección dos virus a traverso da nosa respiración, de toses, de esbirros,...

U-la Educación Social (e II)

Imaxe
(recreación dunha pintada que había na sede de ACLAD na Ronda de Nelle) Ola de novo Hoxe, día moi sinalado, quero rematar o que comecéi a semana pasada. Vou ir sinalando recursos e programas onde hai educadoras e educadores socias traballando. Centrareime nos relacionados coa prevención e a atención as persoas con problemas relacionados co uso de drogas, Para outros temas e problemas de saúde fóronse configurando respostas de xeito similar.  Estaría moi ben que compartirades as vosas experiencias e así teríamos un "retrato" moito máis completo das nosas aportacións neste eido Comentaba a semana anterior que educadoras e educadores sociaisestamos no eido da saúde desde o principio., desde as primeiras respostas que se comezan a dar cando "o problema da droga" convértese nun dos grandes problemas sociáis e de saúde.Estamos no inicio dunha gran PANDEMIA que ainda hoxe segue a ser unha importante causa de mortes, enfermidade, problemas sociais, ... Aparecen así multitud...