Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2021

Estoume quitando!

Imaxe
Nestes días as compañeiras de Fiadeiras, grupo de traballo en igualdade, están de celebración. Dez anos aportando a perspectiva feminista á profesión. ( http://www.ceesg.gal/gl/nova/dez-anos-caminando-por-unha-educacion-social-feminista ) Hoxe puiden escoitar a entrevista que, con este motivo, lles fixeron na Radio Galega ( https://www.crtvg.es/.../a-tarde-a-tarde-do-dia-21-09... a partir do 6'08") e entre as moitas aportacións que fixeron resooume especialmente a idea de que o de medrar en igualdade é un proceso. Darse conta e librarse dos esquemas que fomos incorporando ao longo da nosa vida non é nada fácil. É preciso poñer os lentes violetas e prestar moita atención. Outro aspecto moi importante é propor e incorporar ideas e comportamentos que contribuan a unha sociedade mellor para todas e para todos. Pois trátase precisamente de promover unha convivencia máis xusta onde poder medrar. Esto é o que fan as nosas Fiadeiras e outras persoas e colectivos feministas. E a p...