Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2021

Recoñecementos

Imaxe
Papuchiño by Pepe Tembrás (2019) Pois practicando o que recomendo, paréceme importante agradecer  a todas as persoas que tanto me teñen aportado ao longo do camiño. E non son poucas! Non é raro escoitarme falar dunha das experiencias máis importantes da miña vida: os anos que forméi parte dun grupo scout (concretamente o  Brigantium  431  de ASDE). En primeiro lugar, unha escola de participación. Un espazo onde levar adiante proxectos xunto con outras rapazas e rapaces.  Ademáis, foi un espazo onde "aprender facendo" moitos dos recursos que ainda hoxe me resultan útiles coma educador Outro lugar importante meréceno as compañeiras e compañeiros de traballo que coas súas gañas de aprender, co seu interés por facelo cada vez mellor, por aportar á vida das persoas  ás que atendemos, tiran de min para, coma elas,  seguir aprendendo e mellorando Estas mesmas razóns serven para recoñecer ás persoas coas que teño compartido ao longo dos anos un proxecto ilusio...

Dar as grazas. Facer louvanzas.

Imaxe
  "Dar as grazas", "facer louvanzas", ou, desde un punto de vista máis técnico, dar "feedback positivo", "ser reforzantes",  constituen parte importante das estratexias ás que Costa, M.  e López, E. ( 1991, 2003, 2006 ) fan referencia en moitas nas súas publicacións e poderíamos englobar nun parágrafo que podemos chamar "seres reforzante e motivador". E ainda de poñer facer críticas ou poñer límites son habilidades moi necesarias, ocorre que, con moita frecuencia, estas conductas son unha parte hipertrofiada do noso repertorio de comportamentos mentres que este feedback positivo é mais ben escaso É importante sinalar aquelo que non nos gusta ou aquelo que cremos preciso cambiar, máis a información que aportamos cando empregamos (ben ou mal) é máis ben escasa. Pódeme quedar claro qué non facer Ademáis o clima que se crea nunha relación ou nun ambiente  onde predominan a crítica e o reproche non resulta moi alentador nen motiva a esforzar...

Regusto

Imaxe
Cando me preguntan polo(s) libro(s) de Educación Social que me parecen ou foron para min mais importantes, nunca deixo de citar este de Franch e Martinell (1994)  "Animar un proxecto de Educación Social". Cando apareceu na súa versión anterior, no ano 1985 , eu estaba coma monitor nun grupo scout e facía algunha colaboración na Escola de Tempo Libre "Insignia de Madeira" e con algunha outra. Xa daquela parecérame unha moi elaborada sistemación do traballo educativo que se podía facer en contextos de tempo libre. Máis adiante, xa traballando no ámbito da atención as persoas que teñen problemas relacionados co uso de drogas, e salvando as diferencias de destinatarios (no libro fala de nenas e nenos e no meu traballo actual trátase de persoas adultas) e do contexto (eu estou a traballar en programas de deshabituación) pareceume que seguía a ser unha referencia moi interesante para pensar no que estabamos a facer.  De feito, pregunto a quen me está a ler qué referencias...