Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2020

A propósito das drogas: O alcohol (I)

Imaxe
(as veces non vexo as cousas con claridade)  Cando pensamos nas drogas tendemos a pensar nas drogas ilegáis. Mais se queremos centrarnos na realidade para previr ou pensamos en axudar as persoas que xa teñen problemas relacionados co uso de drogas temos que ser sabedores de que as drogas máis consumidas, e con diferencia, son as drogas legáis e, sinaladamente, o alcohol Nas páxinas do Plan Nacional de Drogas podemos atopar información detallada sobre os consumo de drogas e as tendencias dos mesmos nos últimos anos. Ademáis teremos acceso a moitos documentos, programas, e recursos de grande utilidade.  Podemos votar un ollo aos últimos datos no seguinte documento https://pnsd.sanidad.gob.es/profesionales/sistemasInformacion/informesEstadisticas/pdf/2020_Informe_Resumen_ejecutivo.pdf O alcohol non só é a DROGA máis consumida, é tamén a droga que a nivel social causa máis problemas de saúde, sociais, etc. Por concretar o que falábamos no post "Persoas con problemas relacionados c...

O triángulo dos "S"

Imaxe
 Volveu pasar... Un clásico... Durante o encontro que poidemos disfrutar o pasado mes de outubro  na Facultadede Educación para falar sobre experiencias de educadoras e ducadores sociais no ámbito das adiccións, no taller da tarde, dinamizado por TactoContacto, liámonos a discutir si había ou non había adicción aos videoxogos Boa parte da discusión centrábase na propia conducta de xogar, nos xogos... Noutros casos a discusión céntrase nas sustancias: que si o cannabis é natural ou medicinal, que si o acohol é legal, ... Máis para valorar posibles riscos para a saúde, para previr unha posible adicción ou outras moitas consecuencias negativas das diferentes drogas ou de algunhas conductas (xogo con apostas, videoxogos, sexo, ...) hai que valorar tres aspectos fundamentáis:  A sustancia ou conduta en cuestión: características da conduta ou sustancia, frecuencia de uso, dose, vía, ... As características e estado da persoa que consume: idade, personalidade, estado emocional no...

Enfoque prescriptivo vs. enfoque de acompañamento

Imaxe
 Seguimos coas cuestións de enfoque e centramos a nosa atención en cómo podemos dar resposta a unha situación ou problema  No primeiro dos enfoques, o prescriptivo, trataremos de identificar e etiquetar a situación para logo decidir e prescribir o tratamento axeitado. Cada problema ten unha  determinada solución. Si es drogodependente o que hai que facer/ o que tes que facer é ... No segundo dos enfoques, o de acompañamento, valórase a situación xunto coa persoa ou persoas afectadas e decídese sE, nese momento,  é preciso algún tipo de axuda e búscanse as persoas, os recursos, as accións que poden mellorar a situación. Os problemas cos que soemos encontrarnos teñen un curso longo (son CRONICOS, que non significa que sexan permanentes senon que SE van establecer e manter un tempo máis ou menos longo, van ter un curso longo) As persoas e os grupos son diferentes, viven en circustancias diferentes e, ao longo deste PROCESO, os problemas e as necesidades van variar a cad...

Persoas con problemas relacionados co uso de drogas

Imaxe
  Un aspecto fundamental no noso traballo é colocar ás persoas no centro Cando falamos de adictos, drogodependentes, cocainómanos, esquizofrénicos, ... Estamos  a poñer por diante os problemas. (Hai xa uns anos, un colega que nos estaba a falar da súa experiencia, chamaba a nosa atención sinalando que non falamos de ¨patirrotos"se nos estamos a referir a persoas que sofren unha fractura) As persoas somos máis ca os nosos problemas. É máis, enlazando co que comentaba na anterior entrada, as nosas propostas van a ter que apoiarse nas potencialidades das persoas, non nas súas eivas. Se estamos a traballar con persoas cegas, as nosas propostas non se  van centrar no que esa persoa non pode facer. Máis non sempre o enfocamos así cando estamos a traballar con persoas que teñen outro tipo de dificultades Poñer ás persoas no centro non debe ser só un exercicio intelectual (todo por o povo pero sin o povo). Supón tamén un  exercicio de escoita, de respecto e de promoción part...