Dar as grazas. Facer louvanzas.
"Dar as grazas", "facer louvanzas", ou, desde un punto de vista máis técnico, dar "feedback positivo", "ser reforzantes", constituen parte importante das estratexias ás que Costa, M. e López, E. ( 1991, 2003, 2006 ) fan referencia en moitas nas súas publicacións e poderíamos englobar nun parágrafo que podemos chamar "seres reforzante e motivador".
E ainda de poñer facer críticas ou poñer límites son habilidades moi necesarias, ocorre que, con moita frecuencia, estas conductas son unha parte hipertrofiada do noso repertorio de comportamentos mentres que este feedback positivo é mais ben escaso
É importante sinalar aquelo que non nos gusta ou aquelo que cremos preciso cambiar, máis a información que aportamos cando empregamos (ben ou mal) é máis ben escasa. Pódeme quedar claro qué non facer
Ademáis o clima que se crea nunha relación ou nun ambiente onde predominan a crítica e o reproche non resulta moi alentador nen motiva a esforzarse
Existen moitas evidencias de que "reforzar" conductas é unha forma moito máis eficaz de conseguir cambios/melloras. Ademáis en contraposición co razoamento de máis arriba, sinalar o positivo, o que valoro, o que me gusta, sinala un camiño moito máis claro, moito máis concreto. Teño claro o que hai que facer, o que se valora nun contexto determinado
E logo, coma sempre, fundamental a práctica. Na sesión concreta practicando "mensaxes eu" e despóis cun "Pillao facendo algo que podas agradecer, louvar, ... E faino!"
E cando falamos de habilidades sociais, asertividade, ... paréceme importante sinalar que, máis aló do efecto nas nosas relacións e no clima dos contextos nos que participamos, outro "efecto secundario" fundamental é cara adentro. A nosa autolinguaxe, coma nos falamos a nos mesmas, é fundamental para entender como estamos ou como actuamos. Interiorizar formas asertivas de falarnos, valorarnos os nosos esforzos, cada paso que nos achega máis a onde queremos estar, cada detalle ou momento co que nos agasallan ou co que nos agasallamos, ... Tamén vai ter un efecto moi positivo nas relacións con nos mesmas e no noso "clima interior"
#edusosaude #habilidadessociais #asertividade
Comentarios
Publicar un comentario