Estoume quitando!
Darse conta e librarse dos esquemas que fomos incorporando ao longo da nosa vida non é nada fácil. É preciso poñer os lentes violetas e prestar moita atención. Outro aspecto moi importante é propor e incorporar ideas e comportamentos que contribuan a unha sociedade mellor para todas e para todos. Pois trátase precisamente de promover unha convivencia máis xusta onde poder medrar.
Esto é o que fan as nosas Fiadeiras e outras persoas e colectivos feministas. E a pesares de que eu mesmo e a sociedade avanzamos con lentitude, son moitos e importantes os cambios que se teñen dado. Non é unha mellora lineal, ten avances e retrocesos, nen se da de igual xeito en todos os lugares do mundo.
Destacaría tamén que todos estes progresos foron froito de accións pacíficas. A violencia non é unha opción. Pola contra é un mal a eliminar.
De grande importancia é que as mulleres recuperen a súa palabra, a súa propia voz. Así o sinala Malala “Houbo un momento no que as mulleres activistas pediron aos homes que loitaran por os seus dereitos. Pero esta vez imos a facerlo por a nosa conta”
Por último, é moi importante incorporar a perspectiva de xénero nos nosos ámbitos de traballo porque é este un aspecto a ter sempre en conta se queremos que as nosas propostas e as nosas accións se axeiten ás necesidades e aos obxectivos de todas e de todos
O ámbito das adiccións non é diferente e, pouco a pouco, vaise incorporando a perspectiva de xénero. Así constátanse diferencias moi significativas entre cómo qué drogas consumen homes e mulleres, nas diferencias no acesso aos recursos de tratamento, ... Aquí deixo algunhas referencias que poden ser de interés:
A páxina de Patricia Redondo, experta na perspectiva de xénero en adiccións
http://www.generoydrogodependencias.org
A páxina da Fundación Salud y Comunidad que recolle diversas aportacións sobre este tema
e sinaladamente o "Observatorio Noctambul@s" que recolle informacións sobre violencias de xénero en contextos de ocio
Comentarios
Publicar un comentario