Mira ti por onde imos poñer en valor... A Educación Social no eido da saúde
Mira ti por onde imos poñer en valor... Así comezaba varias das súas entradas no Facebook durante o confinamento Sofía do Son, unha das referencias máis importantes da Educación Social no pais.
Eu vou intentar amosar algunhas das aportacións que a Educación Social pode facer e está a facer no eido da saúde e que unha situación como a presenza entre nós do Covid19 pode poner de manifesto, pode ¨poñer en valor"
Pese a ser un exemplo claro do paradigma biomédico, a ameaza de infección por parte dun axente infeccioso, un virus, a presenza do Covid 19 pon nun primeiro plano a importancia de adoptar unha serie de medidas que, buscando facer menor a posible exposición ao virus, poñen o acento en conductas que cada un/ha de nòs podemos e debemos realizar: lavar as más con frecuencia, especialmente si tivemos contacto con obectos ou persoas alleas ao noso ambito de convivencia, usar máscaras para evitar proxección dos virus a traverso da nosa respiración, de toses, de esbirros, ... No posible, manter unha distancia (física, que non scial) co resto das persoas e evitar aglomeracións, espazos cerrados, ...
En resumo, CONDUCTAS. E xa hai ben anos sabemos, hai evidencias como gustan de decir os que apostan por o rigor cintífico, que en boa medida a nosa saúde e a prevención de moitísimos problemas de saúde teñen que ver con promover ou evitar certas conductas. Tamén nos procesos de recuperación de moitos problemas de sáude. E máis aló das conductas ailladas, son importantes os nosos HABITOS, e o conxunto destes no que chamamos ESTILOS DE VIDA
Constituen unha parte importante dos chamados DETERMINANTES de SAUDE ao que algúns engaden o apelido de sociais
E os hábitos apréndense ou, máis difícil, desapréndense. Poden ser, e deben ser, obxecto de procesos intencionados para promover ou evitar a súa presencia, de PROCESOS EDUCATIVOS
Ademáis deste aspecto máis relacionado con conductas e hábitos, vemos como a falta duns conceptos básicos, a falta dun sentido crítico, actitudes favorables ao autocoidado, a presenza de crenzas que van dar lugar a comportamentos de risco, ... Ponse de manifesto a importancia de non deixar da man da casualidade unha das dimensións máis importantes: a SAÚDE
Tamén vimos como se están a producir moitos fallos a nivel de comunicación entre as autoridades e a poboación e nos medios de comunicación . Se volveu falar de "grupos de risco" en lugar de centrarse nas conductas. Lección esta que xa aprenderamos con outra pandemia que ainda nos está a afectar a da SIDA.
En resumo, coma profesionáis da EDUCACIÓN, e dado que boa parte dos procesos de promoción de hábitos de saúde así coma os procesos de cambio precisan de accións educativas a diferentes nivéis, educadoras e educadores sociais temos un papel fundamental

Comentarios
Publicar un comentario