Apontamentos para un Día Mundial da Saúde en tempos da pandemia por COVID19
Día Mundial da Saúde 2021
Construir un mundo máis xusto e saúdable
https://www.who.int/es/campaigns/world-health-day/2021
O 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde. Unha oportunidade máis para pensar sobre cómo están a funcionar as cousas e pensar en cómo podemos mellorar
Como se sinala na campaña de este ano, crises coma a que está a provocar a COVID19 están a poñer de manifesto as cada vez máis importantes desigualdades que van ter coma resultado importantes efectos tamén sobre a saúde
Malas condicións que agravan os xa non poucos problemas que pode provocar esta enfermIdade: soidade, dependencia, malas condicións de vida, falta acceso a internet, ...
Como se sinala na campaña da OMS, Isto non só é inxusto. Tamén é evitable!
É moi necesario apostar por unha sanidade pública, universal e de calidade (e, máis aló das frases bonitas, vese pouca intención por parte dos nosos representantes políticos ao respecto). Tamén resulta fundamental unha aposta pola educación, non só Polo ensino, que tamén... por unha EDUCACION SOCIAL (tamén pública, universal e de calidade) para ser, de verdade, un Dereito da Cidadanía
Desenvolver a capacidade de informarse, a capacidade crítica. Promover a participación, a implicación no desenvolvemento... Aspectos onde a EDUCACION SOCIAL pode aportar e contribuir a unha sociedade máis xusta e, así, máis saudable
Comentarios
Publicar un comentario