Mandatos de xuventude
Vou empregar esta tira do grande Quino porque, como di Mafalda, vou dicir adulteces.
Nos discursos habituáis de prevención non poden faltar referencias á "PRESIÓN DE GRUPO". Un xeito co que os adultos explicamos un dos factores que poden xustificar que as nosas conductas tendan a uniformarse respecto aos nosos iguáis
Unha idea importante é que este factor tamén pode aplicarse aos adultos a pesar de que pensemos, como tamén fan rapazas e rapaces, que somos maduros dabondo para decidir soiñas/os.
E, por outra banda, a súa influencia non sempre é negativa: se a xente do noso entorno ten interés e compromiso co coidado da saúde, do medioambiente, son xente prosocial, ... Esa influencia podería resultar ben positiva.
Sería necesario facer un traballo de clarificación dos propios valores, ver que queremos de cada situación e avaliar se o que facemos nos acerca ou fai máis difícil achegarnos aos noso obxectivos e (ver cales son os nosos SIES), por outro lado entrenarnos para ser máis ASERTIVAS/OS
Sen embargo hai outra serie de factores que penso que teñen moito peso á hora de condicionar os nosos comportamentos e un deles, que penso que ten un peso importante é o que da título á esta reflexión: os "MANDATOS DE XUVENTUDE". Sos esas ideas que asociamos neste caso ao que significa SER XOVEN
Nestes dias vemos nos medios de comunicación a rapazas e rapaces "de festa" que xustifican os seus comportamentos na necesidade que teñen de facer este tipo de actividades porque son novas/os. Forma parte do que como xente nova teñen que facer. Aquí habería que traballar esta constucción. Importante é facer cousas con outras/con outros. Importante é, na medida do posible, compartir espazos e tempos reais-non virtuais. Importante é diversificar intereses e actividades, ... Pero este tipo de ocio o que tende é a uniformar, a convertirnos en consumidores
Outro factor importante que non me canso de sinalar é a presenza de drogas, fundamentalmete alcohol, que, entre outros efectos, diminuen de xeito importante a nosa capacidade de control. E esto pásanos tamén aos adultos. As intencións, as normas, ... con drogas diluense, desaparecen
As dificultades para facer que existan de verdade alternativas a este mandato de ocio-consumo asociado á xuventude son moitas e mais tendo en conta que esta é unha industria millonaria tanto na súa vertente legal como na ilegal
Sen embargo, cando se toma o tema da Saúde en serio, os resultados son claramente positivos. Exemplo témolo por exemplo en Islandia onde despois de que se investiron recursos para favorecer a implicación de rapazas e rapaces en un amplo abano de actividades, a incidencia de consumos e problemas veuse reducida dun xeito moi importante
https://elpais.com/elpais/2017/10/02/ciencia/1506960239_668613.html
Non nos esquezamos que as drogas, sinaladamente alcohol el tabaco, son importantes causas de moitos problemas de Saúde. Causas evitables
Comentarios
Publicar un comentario