Enfoque prescriptivo vs. enfoque de acompañamento

 Seguimos coas cuestións de enfoque e centramos a nosa atención en cómo podemos dar resposta a unha situación ou problema 

No primeiro dos enfoques, o prescriptivo, trataremos de identificar e etiquetar a situación para logo decidir e prescribir o tratamento axeitado. Cada problema ten unha  determinada solución. Si es drogodependente o que hai que facer/ o que tes que facer é ...

No segundo dos enfoques, o de acompañamento, valórase a situación xunto coa persoa ou persoas afectadas e decídese sE, nese momento,  é preciso algún tipo de axuda e búscanse as persoas, os recursos, as accións que poden mellorar a situación.

Os problemas cos que soemos encontrarnos teñen un curso longo (son CRONICOS, que non significa que sexan permanentes senon que SE van establecer e manter un tempo máis ou menos longo, van ter un curso longo) As persoas e os grupos son diferentes, viven en circustancias diferentes e, ao longo deste PROCESO, os problemas e as necesidades van variar a cada paso. Así tamén teñen que variar as respostas

Estar ao lado das persoas, dos grupos, das comunidades... Atentos ás súas necesidades, en constante diálogo para ir tomando decisións acerca do que pode axudar a cada momento


Se non a coñecedes, suxírovos a lectura de "La Fábula del Aguilucho" que podedes atopar en moitos sos textos de Miguel Costa e Ernesto López e, como propoñemos as/aos nosxs usuarixs, valoremos quen é cada un dos protagonistas no noso xeito de afrontar o problema, e valorar cal é a mellor resposta

Sería estupendo que fixeramos a nosas aportacións e comentarios aquí mesmo

#edusosaude

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Mandatos de xuventude

Apontamentos para un Día Mundial da Saúde en tempos da pandemia por COVID19

Mira ti por onde imos poñer en valor... A Educación Social no eido da saúde