Persoas con problemas relacionados co uso de drogas

 




Un aspecto fundamental no noso traballo é colocar ás persoas no centro

Cando falamos de adictos, drogodependentes, cocainómanos, esquizofrénicos, ... Estamos  a poñer por diante os problemas. (Hai xa uns anos, un colega que nos estaba a falar da súa experiencia, chamaba a nosa atención sinalando que non falamos de ¨patirrotos"se nos estamos a referir a persoas que sofren unha fractura)

As persoas somos máis ca os nosos problemas. É máis, enlazando co que comentaba na anterior entrada, as nosas propostas van a ter que apoiarse nas potencialidades das persoas, non nas súas eivas. Se estamos a traballar con persoas cegas, as nosas propostas non se  van centrar no que esa persoa non pode facer. Máis non sempre o enfocamos así cando estamos a traballar con persoas que teñen outro tipo de dificultades

Poñer ás persoas no centro non debe ser só un exercicio intelectual (todo por o povo pero sin o povo). Supón tamén un  exercicio de escoita, de respecto e de promoción participación, da implicación activa das persoas en todos os aspectos da súa vida. E así, debemos de facilitar por diversos medios ese protagonismo, esa participación, esa implicación

Un exemplo deste interés por poñer as persoas no centro das nosas propostas é a ferramenta "Informe Socioeducativo", que vai permitirnos sistematizar esa implicación, esa participación activa

Outro aspecto moi importante do cambio de foco, de moita utilidade cando estamos a pensar en accións de caracter preventivo, é que o noso enfoque abrangue un abano moito máis amplo de posibles dificultades e consecuentemente de posibles propostas de actuación

O discurso habitual céntrase nunha das consecuencias do uso de drogas que é a adicción. Mais, moito antes de que esta apareza, o uso de drogas pode ter moitas outras consecuencias moi negativas: sobredoses, accidentes de tráfico ou laboráis, implicación en conductas violentas contra persoas ou cousas, embarazos non desexados, ITSs, agresións sexuais, ...

Todas estas situacións poden verse facilitadas ou potenciadas por o efecto do consumo de drogas. Cada  vez que consumimos. Ademáis moitas destas consecuencias negativas teñen un carácter bastante inmediato: cada vez que bebo, cada vez que consumo, ...

É por iso que, á hora de pensar en accións de caracter preventivo, tamén temos que abrir o foco e ter en consideración todas as posibles consecuencias negativas

Comentarios

  1. Por certo, esta enfoque é bastante normalizador porque ao longo da nosa vida, por uns ou outros motivos, persoas con problemas somos todxs. "Os problemas son a sal da vida" Ollo xs que padecen hipertensión !

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Mandatos de xuventude

Apontamentos para un Día Mundial da Saúde en tempos da pandemia por COVID19

Mira ti por onde imos poñer en valor... A Educación Social no eido da saúde