A propósito das drogas: O alcohol (I)


(as veces non vexo as cousas con claridade)

 Cando pensamos nas drogas tendemos a pensar nas drogas ilegáis. Mais se queremos centrarnos na realidade para previr ou pensamos en axudar as persoas que xa teñen problemas relacionados co uso de drogas temos que ser sabedores de que as drogas máis consumidas, e con diferencia, son as drogas legáis e, sinaladamente, o alcohol

Nas páxinas do Plan Nacional de Drogas podemos atopar información detallada sobre os consumo de drogas e as tendencias dos mesmos nos últimos anos. Ademáis teremos acceso a moitos documentos, programas, e recursos de grande utilidade. 

Podemos votar un ollo aos últimos datos no seguinte documento

https://pnsd.sanidad.gob.es/profesionales/sistemasInformacion/informesEstadisticas/pdf/2020_Informe_Resumen_ejecutivo.pdf

O alcohol non só é a DROGA máis consumida, é tamén a droga que a nivel social causa máis problemas de saúde, sociais, etc.

Por concretar o que falábamos no post "Persoas con problemas relacionados co uso de drogas" o consumo de alcohol pode ser a causa ou un dos factores que interveñen en moi diversos problemas

Un primeiro é que, como moitas drogas, o consumo de alcohol pode supoñer un risco importante de morte por sobredose, no alcohol fálase de "coma etílico". Estos accidentes son máis frecuentes nas persoas que se inician no consumo. Cando se consume habitualmente desenvolvese TOLERANCIA: o noso organismo acostúmase aos efectos do alcohol ("aguantamos máis" pero ollo, non é mérito ningún, pode ser un dos indicadores de que hai adicción)

Este risco de sobredose é tamén moi importante cando mesturamos drogas entre sí ou con algúns medicamentos. Os riscos son moito máis elevados neste caso

Outros problemas frecuentes ocurren cando mesturamos o alcohol e outras actividades coma o sexo ou a conducción de vehículos. O risco de ter relacións sexuáis sen protección ou de "malos rollos" vese moi incrementado (a pesar dos mitos sobre as relacións entre as drogas, o alcohol, co sexo, en xeral son causa de moitos problemas e dificultades na esfera sexual). 

De igual xeito, o risco de accidentes de tráfico ou accidentes de traballo incrementase de xeito moi importante.

Outros riscos son os relacionados coa implicación en feitos violentos: destrozos por condutas vandálicas, pelexas, ...

E a todos problemas pódense sumar as consecuencias legáis de conducir baixo os efectos do alcohol, por verse implicado en destrozos ou agresións

Quero subliñar que esto pode ocurrir desde os primeiros consumos, sen que exista adicción. E que o alcohol afecta ou pode afectar á nosa valoración dos riscos, a  nosa capacidade de decidir, a nosa capacidade de autocontrol, ... desde a primeira pinga que entra no noso organismo. Ainda que non sexamos conscientes de ese efecto.Pola contra, o primeiro efecto é desihibirnos e facer que sobrevaloremos as nosas capacidades  (DOBLEMENTE PERIGOSO) 

#edusosaude

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Mandatos de xuventude

Apontamentos para un Día Mundial da Saúde en tempos da pandemia por COVID19

Mira ti por onde imos poñer en valor... A Educación Social no eido da saúde