U-la Educación Social (I)
Ola a todas e a todos!
Benvidxs a #edusosaude!
Quero abrir este espazo para o intercambio de ideas e experiencias falando de algúns programas e experiencias onde me consta que estamos a traballar Educadoras e Educadores Sociais dentro dun ámbito tan amplo como é a Saúde.
Primeiro, porque ese vai ser o tema deste blog
E segundo, porque lendo unha nova na rede recentemente, falábase dun recurso específico para a tención a persoas con problemas relacionados co uso de drogas ¡onde había educadoxes sociáis!. Anunciábano como algo novidoso!
E nada máis lonxe da realidade. Calquera que teña unha idade ou certo coñecemento sobre estes temas sabe que cando se pensa nas primeiras respostas aos problemas relacionados co uso de drogas a educación aparece como un dos recursos para atallar o problema. Falamos de "Educadorxs de rúa" e de educadorxs nos recursos específicos que comezan a aparecer. Tanto é así que ainda hoxe en día, e a falta duns datos oficiais aos que recurrir, atrévome a afirmar que somos un dos grupo des profesionáis máis numerosos neste ámbito (se non o que máis). ¡Non perdan o seguinte capítulo!
O que ocurre é que o peso do discurso educativo foi desaparecendo e foron gañando peso outros discursos coma o psicolóxico e, posteriormente, o médico
Vou continuar co tema noutra entrada para "non poñerme moi denso" coma son eu... pero estouno a deixar
Quero invitarvos a opinar, aportar, discrepar, ... A construir entre todas e todos un espazo no que medrar.
Comentarios
Publicar un comentario