U-la Educación Social (e II)
(recreación dunha pintada que había na sede de ACLAD na Ronda de Nelle)
Ola de novo
Hoxe, día moi sinalado, quero rematar o que comecéi a semana pasada. Vou ir sinalando recursos e programas onde hai educadoras e educadores socias traballando. Centrareime nos relacionados coa prevención e a atención as persoas con problemas relacionados co uso de drogas, Para outros temas e problemas de saúde fóronse configurando respostas de xeito similar.
Estaría moi ben que compartirades as vosas experiencias e así teríamos un "retrato" moito máis completo das nosas aportacións neste eido
Comentaba a semana anterior que educadoras e educadores sociaisestamos no eido da saúde desde o principio., desde as primeiras respostas que se comezan a dar cando "o problema da droga" convértese nun dos grandes problemas sociáis e de saúde.Estamos no inicio dunha gran PANDEMIA que ainda hoxe segue a ser unha importante causa de mortes, enfermidade, problemas sociais, ...
Aparecen así multitude de programas e recursos orientados a previr a axudar ás persoas que están a padecer as diversas consecuencias relacionadas co uso de drogas:
- Programas de prevención/educación para a saúde dirixidos a alumnxs, nais e pais, docentes, ...
- Accións no contexto en que se están a producir máis dificultades ("Educación de Rúa"), en contextos de ocio, en contextos de consumo, ...
- Accións e programas dirixidos á reducción de riscos e danos: dispositivos para o consumo seguro, reparto de materiais para un consumo máis seguro, "espazos de café e calor",...
- Quero poñer de relevo, pola súa importancia, os "programas comunitarios" que aquí en Galicia tiveron moita relevancia (algúns deles estiveron asesorados directamente por o recentemente finado Marco Marchioni)
En canto aos programas de atención as persoas que estan a padecer problemas relacionados co uso de drogas, xs educadorxs sociais estamos presentes na maior parte dos programas/recursos de atención formando parte de equipos multidisciplinares:
- Programas de tratamento ambulatorio: unidades asistenciais, UCAs
- E, sinaladamente, en centros de día (comunidades terapeuticas) e centros residenciais
Onde acompañamos xs usuarixos dos programas/recursos no seu día a día e deseñamos e desenvolvemos diversas accións de carácter individual e grupal
Tamén xs educadorxs sociáis desenvolven o seu traballo en programas e recursos orientados á (re)incorporación social: pisos supervisados/tutelados, programas de orientación e apoio na busca de emprego, emprego con apoio, ...
#edusosaude
#EdusoDay2020
Ola a todxs:
ResponderEliminarUnha ¨novidade¨ neste eido da saúde na educación social é a inclusión de educadoras e educadores, o seu recoñecemento no marco lexislativo, no sistema público de saúde. Ocurre en Cantabria. deixo enlaces relacionados co asunto:
https://www.redaccionmedica.com/autonomias/cantabria/cantabria-crea-la-categoria-de-educador-social-en-instituciones-sanitarias-8860
https://boc.cantabria.es/boces/verAnuncioAction.do?idAnuBlob=321665