Aprender a dicir ... SÍ

 



Un clásico tanto na prevención como cando atendemos a persoas que teñen problemas relacionados co consumo de drogas é a importancia de saber dicir que non. Dentro do eido relacionado coas drogas o lema DI NON AS DROGAS foi popularizado, xunto con moitos outros actores, por unha fundación, a FAD, cun gran impacto nos medios de comunicación

Saber dicir non é un dos tópicos, unha das habilidades, relacionados coa ASERTIVIDADE. Mais é difícil orientar ou reconstruir a túa vida desde o negativo, por exemplo non consumir.

Un traballo previo é  aclarar os meus valores, as miñas prioridades, os meus proxectos e facer balance de cómo o consumo de drogas ou certas conductas poden ameazar esa vida que quero vivir. Esa vida, eses elementos, aos que quero dicir SÍ

Os meus SIES van dar sentido aos meus esforzos e o consumo de certas sustancias ou a realización de certas condutas van resultar un atranco importante no meu camiño

Para algunhas persoas  resulta moi complicado facer este traballo porque sustancias ou conductas teñen afectado dun xeito moi importante a súa vida, ao seu desenvolvemento, e non dispoñen de referencias e anclaxes diferentes aos relacionados co consumo. 

Podemos propoñer moitas actividades individuáis ou grupáis que sirvan para esta tarefa de axudar a clarificar e concretar valores, metas, ... Mais si temos a oportunidade de facer un acompañamento estreito cunha persoa, por exemolo nun recurso residencial, o día a día vainos a proporcionar moita información respecto ao que unha persoa considera importante, onde concentra os seus esforzos, as contradiccións entre o que manifesta e o que fai, ...

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Mandatos de xuventude

Apontamentos para un Día Mundial da Saúde en tempos da pandemia por COVID19

Mira ti por onde imos poñer en valor... A Educación Social no eido da saúde