Mira ti por onde imos poñer en valor... O comunitario e os coidados
Non é novo... pero a situación que estamos a vivir como consecuencia do COVID19 fixo que se puxeran de evidencia moitas eivas o noso "xeito de vivir". Non son optimista, ben sei que é unha incoherencia pedagóxica pola miña parte, e non comparto que o que temos vivido vai supoñer unha mellora na nosa forma de vivir, nas nosas prioridades, ... As apredizaxes positivas, as melloras, case sempre precisan dunha actitude positiva, dunha elaboración e de moitos esforzos que, normalmente, non estamos en situación ou non estamos dispostos a realizar.
Pero é certo que sobre todo durante o periodo no que vivimos confinados vimos como bloques de pisos, barrios, ... organizaban certas redes de apoio mutuo buscando quen precisaba axuda e proporcionandoa na medida das súas posibilidades. Tamén vimos iniciativas moi creativas que axudaban a pasar o tempo mais entretidas, a facer máis levadeiras as situacións
No negativo, vivimos con moita dor como moitas persoas maiores eran víctimas dun modelo de coidados no que prima o negocio. As residencias de maiores foron, e seguen a ser un lugar onde o control dos contaxios é moi complicado e as consecuencias son nefastas. Menos visible, pero tamén moi triste e ver como persoas maiores aparecen mortas no seu domicilio sin que ninguén se tivera preocupado delas
Unha dimensión moi importante da educación social é a orientación comunitaria. Promover a participación, a atención as necesidades no contexto no que se están a producir, anticipar as respostas antes de que as situacións de necesidade se profundicen e se cronifiquen, ...
Porque os coidados -que son coidados de saúde-, fundamentáis en certas etapas e situacións que se producen na vida, teñen na comunidade o contexto natural no que podemos valorarlas e dar unha resposta máis ecolóxica, cunha maior significación para todas as persoas implicadas, cunha maior implicación de todas as persoas implicadas
E pode haber exemplos de organixación comunitaria que ocorren de xeito expontaneo, máis na maior parte dos casos é preciso que haxa profesionáis e equipos que favorezan os procesos de participación, que promomovan o empoderamento de persoas e grupos e que den soporte ao longo do tempo a todos estes procesos. E esta é unha das dimensións fundamentáis da EDUCACION SOCIAL, unha das aportacións que educadoras e educadores sociais podemos facer.
E lonxe de ser un desexo, unha utopía, quero recordar que en Galicia, e como resposta á pandemia que xeróu o consumo de drogas a fináis do século pasado, foron moitas as iniciativas que buscaron dar resposta a todos os problemas relacionados con esta situación. Subliñar os que se chamaron PLANES COMUNITARIOS (Caranza, Vite, ...) onde se buscaba implicar a toda a comunidade na resposta a aquela situación
Comentarios
Publicar un comentario