A propósito das drogas: O alcohol (II)
Se falamos das consecuencias que pode ter o consumo de alcohol dun xeito continuado a máis longo prazo, recoñeceremos os argumentos que habitualmente estamos a escoitar nas sesións de prevención.
Un consumo importante, podemos ver as referencias que temos na figura de arriba, mantido ao longo do tempo pode dar lugar a múltiples complicacións a todos os niveis.
A xente tende a identificar os problemas co alcohol coa presencia de múltiples borracheiras. Máis esta idea é enganosa. O noso organismo desenvolve unha importante tolerancia aos distintos efectos do alcohol e así podemos beber cantidades importantes sin que sexan moi evidentes os efectos de ter bebido
-A nivel FÍSICO: o consumo pode causar múltiples consecuencias negativas a nivel físico. Afecta a todo o organismo especialmente ao fígado e ao cerebro
- A nivel PSICOLOXICO: tamén a este nivel son moitas as complicacións que pode causar o consumo del alcohol. A que soemos destacar é a ADICCIÓN que supón a perda de control sobre a conducta de beber a pesares das moitas consecuencias negativas que ten para nós mantela
- A nivel SOCIAL: deterioro ou perda das relacións familiares, parella, amizades. Perda do traballo. Aillamento
Os riscos son máis importantes cando as persoas que beben son noviñas. O seu orgnismo, o seu cerebro, están desenvolvéndose e o alcohol vai a interferir de xeito moi negativo nese proceso. De igual xeito interfire no desenvolvemento psicolóxico e social
Ademáis do factor idade, o xeito de consumir tamén determina os riscos: consumir cantidades importantes en pouco tempo ("binje drink" ou atracón) incrementa a toxicidade e as consecuencias negativas do consumo. Estas pautas de consumo tamén se dan noutras sustancias coma a marih uana ou o hachis
#edusosaude

Comentarios
Publicar un comentario