Recoñecementos
Papuchiño
by Pepe Tembrás (2019)
Pois practicando o que recomendo, paréceme importante agradecer a todas as persoas que tanto me teñen aportado ao longo do camiño. E non son poucas!
Non é raro escoitarme falar dunha das experiencias máis importantes da miña vida: os anos que forméi parte dun grupo scout (concretamente o Brigantium 431 de ASDE). En primeiro lugar, unha escola de participación. Un espazo onde levar adiante proxectos xunto con outras rapazas e rapaces. Ademáis, foi un espazo onde "aprender facendo" moitos dos recursos que ainda hoxe me resultan útiles coma educador
Outro lugar importante meréceno as compañeiras e compañeiros de traballo que coas súas gañas de aprender, co seu interés por facelo cada vez mellor, por aportar á vida das persoas ás que atendemos, tiran de min para, coma elas, seguir aprendendo e mellorando
Estas mesmas razóns serven para recoñecer ás persoas coas que teño compartido ao longo dos anos un proxecto ilusionante: poñer a EDUCACION SOCIAL no lugar que lle corresponde. As persoas que cada día están a traballar por a profesión no Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia
Por suposto, a miña familia ten un papel fundamental na miña vida. No que eu son. A familia de orixe e a familia que pouco a pouco fun (fomos) construindo. As moitas persoas que están ao meu lado día a día, incluso (especialmente) cando as cousas se poñen feas
E por último, hai centos de horas de lectura e moitas horas de formación. Oportunidades para compartir e aprender con outras

Esqueceuseme falar das persoas ás que atendemos! Son tamén unha referencia importante para min. Compartrir anacos das súas experiencias e da súa vida constitue para min unha importan te fonte de aprendizaxe. Grazas!
ResponderEliminar