"O oficio de monitor"



 Volvo outra vez á obra de Franch e Martinell (1994) pois, salvando as distancias entre contextos de ocio  e, no meu caso, "contextos terapeuticos", paréceme que aporta moitos elementos para a reflexión sobre o que facemos, sobre o que podemos aportar Educadoras e Educadores sociais

Xa comezando por o título, paréceme interesante a idea de oficio. Ben sei que a Educación Social é unha profesión, ainda que algúns/has están tardando en decatarse. Máis esta idea de oficio achéganos a necesidade dunha aprendizaxe  práctica, de aprender facendo. Dunha práctica reflexiva que partindo das aportacións da Pedagoxía e doutras ciencias e saberes,  tense que concretar en cada contexto,  tense que actualizar a cada momento para, cada usuaria/a, cada grupo, cada contexto

Tamén podemos pensar arredor da denominación "monitores". É unha denominación común no cpontexrto de tempo libre, paro tamén  este termo e outros empreganse para xustificar o intrusismo e precarización dos servizos sociais, sociosanitarios, ... Dereitos vs respostas asistenciais/caritativas

E, de momento, só me estou parando no título. Se entramos no contido, SEGUNDO FRANCH E MARTINELL (1986, 1994) OS ASPECTOS ESENCIAIS DO “OFICIO DE EDUCADOR” SON:

    • TOMAR PARTE DUN PROXECTO (MAIS ADIANTE UN CAPITULO TRATA SOBRE O TRABALLO EN EQUIPO)

    • POÑERSE AO SERVICIO DUNS “CHICOS E CHICAS”

    • ESTAR PERSOALMENTE PRESENTES

    • ELABORAR AS RELACIONS E OS CONFLICTOS

    • ENMARCAR SOLUCIONS E AXUDAR AO GRUPO A ORGANIZARSE

    • ABRIR AMBITOS DE ACTIVIDADE

Para facer más "dixerible" a elaboración destas ideas, iréi desenvolvéndoas apartado a apartado


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Mandatos de xuventude

Apontamentos para un Día Mundial da Saúde en tempos da pandemia por COVID19

Mira ti por onde imos poñer en valor... A Educación Social no eido da saúde