Leccións do mestre de xadrez
Prafraseando a Jesulín…
“A vida é… Como unha partida de xadrez”
Eu recordo ler a Bettelheim(1987) comparar a vida cunha partida de xadrez... Máis, ben pensado, sería mellor comparala cunha partida de cartas. Non empezamos coas mesmas cartas!A pouco que nos paremos a pensar, na clase de hoxe o mestre de xadrez (hoxe iniciamos un taller de xadrez), ademáis de ideas elementáis sobre o xogo, danos algunhas ideas que poden ser interesantes leccións para a vida:
Diferencia entre táctica e estratexia: táctica plantexamento xeral e estratexia planteando en cada xogada (ou era do revés?). Tócanos ser, á vez, actrices/actores, directoras/es e guionistas das nosas vidas
É moi importante que as xogadas-decisións que tomamos non nos limiten. Decisións que busquen ampliar as nosas opcións e non limitalas
En cada xogada/decisión convén pararse a analizar as posibles opcións para ver cal é a mellor opción
Os outros tamén xogan e temos que procurar anticipar o seu xogo. Mais as outra persoas ou as circunstancias poden ir por onde non nos parecia probable ou razonable
Reflexionar sobre cada partida, o feito cada día, con ánimo de aprender e mellorar. Eu sempre recomendo "tomar nota" do que nos pasa. Tamén estou encantado cunha ocurrencia que repito en calquera ocasión: "Non sexas vago.Concreta"
Ainda que recoñezo a dificultade que ten (cando menos para min) levar un diario vainos a axudar á hora de entendernos un pouco mellor
Deixo o enlace dun video da serie do BBVA Aprendemos Juntos onde se fala da filosofía estoica e ao final se subliña a importancia de levar un diario como ferramenta de autocoñecemento e mellora

Comentarios
Publicar un comentario