Pasar Páxina
Despóis dun periodo escuro, especialmente duro, despóis de "Tocar Fondo", ... Con frecuencia escoito ás persoas manifesten o seu desexo de "Comezar de Cero".
Ainda que entendo este desexo e, moitas veces, a persoa que a pronuncia non quere dicir o que a frase di literalmente, eu sempre aproveito para manifestar a miña opinión contraria a esta idea.
Eu penso que ainda que fora posible "Comezar de Cero" sería un erro esquecer todo aquelo que nos achegou á situación na que decidimos facer por dar un "golpe de timón" (que soe ser unha mestura de esperiencias boas e malas, ainda que pensen máis as malas)
Un dos argumentos nos que soteño a miña opinión é a idea de que "quen esquece a súa historia está condenado a repetila". É certo que non podemos cambiar o que pasou e que darlle voltas ao que aconteceu lonxe de axudar moitas veces é parte do problema. De feito, moitas veces, parte dunha terapia vai consistir en facer unha lectura dos recordo para entresacar o que podemos aprender, o que fomos quen de afrontar cos recursos dos que dispoñíamos, ...
Querámolo ou non o pasado, as decisión e camiños que fomos tomando, explican porqué estamos onde estamos máis apoiandonos no que fomos aprendendo e aceptando os retos que se nos van presentando temos que seguir escribindo novas páxinas da nosa historia. Esa é a imaxe que me gusta, a de "pasar páxina" para seguir escribindo a nosa historia

Comentarios
Publicar un comentario