U-la Educación Social (e II)


(recreación dunha pintada que había na sede de ACLAD na Ronda de Nelle)

Ola de novo
Hoxe, día moi sinalado, quero rematar o que comecéi a semana pasada. Vou ir sinalando recursos e programas onde hai educadoras e educadores socias traballando. Centrareime nos relacionados coa prevención e a atención as persoas con problemas relacionados co uso de drogas, Para outros temas e problemas de saúde fóronse configurando respostas de xeito similar. 
Estaría moi ben que compartirades as vosas experiencias e así teríamos un "retrato" moito máis completo das nosas aportacións neste eido

Comentaba a semana anterior que educadoras e educadores sociaisestamos no eido da saúde desde o principio., desde as primeiras respostas que se comezan a dar cando "o problema da droga" convértese nun dos grandes problemas sociáis e de saúde.Estamos no inicio dunha gran PANDEMIA que ainda hoxe segue a ser unha importante causa de mortes, enfermidade, problemas sociais, ...

Aparecen así multitude de programas e recursos orientados a previr a axudar ás persoas que están a padecer as diversas consecuencias relacionadas co uso de drogas: 
- Programas de prevención/educación para a saúde dirixidos a alumnxs, nais e pais, docentes, ...
- Accións no contexto en que se están a producir máis dificultades ("Educación de Rúa"), en contextos de ocio, en contextos de consumo, ...
- Accións e programas dirixidos á reducción de riscos e danos: dispositivos para o consumo seguro, reparto de materiais para un consumo máis seguro, "espazos de café e calor",...
- Quero poñer de relevo, pola súa importancia, os "programas comunitarios" que aquí en Galicia tiveron moita relevancia (algúns deles estiveron asesorados directamente  por o recentemente finado Marco Marchioni)

En canto aos programas de atención as persoas que estan a padecer problemas relacionados co uso de drogas, xs educadorxs sociais estamos presentes na maior parte dos programas/recursos de atención formando parte de equipos multidisciplinares:
- Programas de tratamento ambulatorio: unidades asistenciais, UCAs
- E, sinaladamente, en centros de día (comunidades terapeuticas) e centros residenciais
Onde acompañamos xs usuarixos dos programas/recursos no seu día a día e deseñamos e desenvolvemos diversas accións de carácter individual e grupal

Tamén xs educadorxs sociáis desenvolven o seu traballo en programas e recursos orientados á (re)incorporación social: pisos supervisados/tutelados, programas de orientación e apoio na busca de emprego, emprego con apoio, ...

#edusosaude
#EdusoDay2020

Comentarios

  1. Ola a todxs:
    Unha ¨novidade¨ neste eido da saúde na educación social é a inclusión de educadoras e educadores, o seu recoñecemento no marco lexislativo, no sistema público de saúde. Ocurre en Cantabria. deixo enlaces relacionados co asunto:

    https://www.redaccionmedica.com/autonomias/cantabria/cantabria-crea-la-categoria-de-educador-social-en-instituciones-sanitarias-8860

    https://boc.cantabria.es/boces/verAnuncioAction.do?idAnuBlob=321665

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Mandatos de xuventude

Apontamentos para un Día Mundial da Saúde en tempos da pandemia por COVID19

Mira ti por onde imos poñer en valor... A Educación Social no eido da saúde