Persoas con problemas relacionados co uso de drogas
Un aspecto fundamental no noso traballo é colocar ás persoas no centro
Cando falamos de adictos, drogodependentes, cocainómanos, esquizofrénicos, ... Estamos a poñer por diante os problemas. (Hai xa uns anos, un colega que nos estaba a falar da súa experiencia, chamaba a nosa atención sinalando que non falamos de ¨patirrotos"se nos estamos a referir a persoas que sofren unha fractura)
As persoas somos máis ca os nosos problemas. É máis, enlazando co que comentaba na anterior entrada, as nosas propostas van a ter que apoiarse nas potencialidades das persoas, non nas súas eivas. Se estamos a traballar con persoas cegas, as nosas propostas non se van centrar no que esa persoa non pode facer. Máis non sempre o enfocamos así cando estamos a traballar con persoas que teñen outro tipo de dificultades
Poñer ás persoas no centro non debe ser só un exercicio intelectual (todo por o povo pero sin o povo). Supón tamén un exercicio de escoita, de respecto e de promoción participación, da implicación activa das persoas en todos os aspectos da súa vida. E así, debemos de facilitar por diversos medios ese protagonismo, esa participación, esa implicación
Un exemplo deste interés por poñer as persoas no centro das nosas propostas é a ferramenta "Informe Socioeducativo", que vai permitirnos sistematizar esa implicación, esa participación activa
Outro aspecto moi importante do cambio de foco, de moita utilidade cando estamos a pensar en accións de caracter preventivo, é que o noso enfoque abrangue un abano moito máis amplo de posibles dificultades e consecuentemente de posibles propostas de actuación
O discurso habitual céntrase nunha das consecuencias do uso de drogas que é a adicción. Mais, moito antes de que esta apareza, o uso de drogas pode ter moitas outras consecuencias moi negativas: sobredoses, accidentes de tráfico ou laboráis, implicación en conductas violentas contra persoas ou cousas, embarazos non desexados, ITSs, agresións sexuais, ...
Todas estas situacións poden verse facilitadas ou potenciadas por o efecto do consumo de drogas. Cada vez que consumimos. Ademáis moitas destas consecuencias negativas teñen un carácter bastante inmediato: cada vez que bebo, cada vez que consumo, ...
É por iso que, á hora de pensar en accións de caracter preventivo, tamén temos que abrir o foco e ter en consideración todas as posibles consecuencias negativas

Por certo, esta enfoque é bastante normalizador porque ao longo da nosa vida, por uns ou outros motivos, persoas con problemas somos todxs. "Os problemas son a sal da vida" Ollo xs que padecen hipertensión !
ResponderEliminar