Regusto






Cando me preguntan polo(s) libro(s) de Educación Social que me parecen ou foron para min mais importantes, nunca deixo de citar este de Franch e Martinell (1994)  "Animar un proxecto de Educación Social". Cando apareceu na súa versión anterior, no ano 1985 , eu estaba coma monitor nun grupo scout e facía algunha colaboración na Escola de Tempo Libre "Insignia de Madeira" e con algunha outra. Xa daquela parecérame unha moi elaborada sistemación do traballo educativo que se podía facer en contextos de tempo libre.
Máis adiante, xa traballando no ámbito da atención as persoas que teñen problemas relacionados co uso de drogas, e salvando as diferencias de destinatarios (no libro fala de nenas e nenos e no meu traballo actual trátase de persoas adultas) e do contexto (eu estou a traballar en programas de deshabituación) pareceume que seguía a ser unha referencia moi interesante para pensar no que estabamos a facer. 
De feito, pregunto a quen me está a ler qué referencias lle parecen importantes no seu día a día. Que textos son para él ou para ela referencias importantes para enfocar o seu traballo
Regusto... Foi chegar "a chicha", despois de pasar os capítulos que contextualizan o texto no contexto da Educación Social, ... E seguir a ler, ... E ainda que esa mañá non avancéi moito na lectura, esa sensación de recoñecer as ideas, de intentar recoñecerse nelas, ...ese REGUSTO


 

Comentarios

  1. "Metodología y práctica de la animación sociocultural" de Ander-Egg. Apertas Alfonso!!

    ResponderEliminar
  2. Pois mira por onde, fai pouco acabei co célebre e reputado "Cachorros de nadie" do coruñes, Enrique Martínez Reguera, e ainda que o autor e un mestre no ámbito que nos ocupa, a obra en se mesma, quedouseme corta, algo ruda e non tan profunda como eu pensaba. Sei que ten tempo, sei que hai cousas o publicacions que envellan peor, pero a razon do meu sinsabor quizas radique mais, nas altas espectativas que lle precedian. Seguiremos intentandoo. Una obra, pra min, mestre e que che inunda e rodea coas suas elaboracions, e "Profesionales portadores de Oxitocina" do vitoriano Iñigo Mtez Mandojana. Lírica edusa pura

    ResponderEliminar
  3. Ander Erg non ten fallo. Pero sobre o tema encandiloume o título de Cembranos, Montesinos e Bustelo "La animación sociocultural: una propuesta metodológica"

    ResponderEliminar
  4. "Profesionales portadores de Oxitocina" do vitoriano Iñigo Mtez Mandojana unha grande referencia. Moi interesante o directo que fixestes Educablog este pasado verán.
    Martínez Reguera ... Recordo algunha conferencia ... Testemuña doutros tempos nos que se comezaba a dar respostas alternativas a diversos problemas sociais. Quizás teñamos que volver a recuperar a historia para coller un novo impulso

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Mandatos de xuventude

Apontamentos para un Día Mundial da Saúde en tempos da pandemia por COVID19

Mira ti por onde imos poñer en valor... A Educación Social no eido da saúde